destacamos...
|
Presentación da rede Neurona no Forum de Torino |
|
//// Xoves, 02.04.09 |
A Consellaría de Innovación e Industria patrocinou e acolleu a II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino, que se celebrou do 1 ao 3 de abril en Santiago de Compostela.O día 2 de abril tivo lugar a presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas: Neurona a cargo do Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia e do Vicepresidente da Plataforma Agroalimentaria, Lorenzo Pastrana.
O encontro reuníu aos principais actores interesados no uso do coñecemento e a innovación no desenvolvemento rexional de América Latina e EuropaMáis de 250 expertos de 16 países de Europa e América Latina déronse cita o vindeiro 1, 2 e 3 de abril na II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino, que se celebrará en Santiago de Compostela baixo o título "Sistemas rexionais de innovación: da visión á realidade". O evento, patrocinado pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria, tivocomo obxectivo fundamental reunir aos principais actores institucionais, públicos e privados, interesados na utilización do coñecemento e a innovación tecnolóxica no desenvolvemento rexional de América Latina e Europa.
Para máis información: http://www.conselleriaiei.org |
|
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega: Devesa constitúe o seu Comité Executivo |
|
//// Mércores, 01.04.09 |
A Plataforma Tecnolóxica Devesa constitúe o seu Comité Executivo que estará presidido pola empresa Hifas da Terra, S.L, e que contará co apoio das vicepresidencias nesta primeira configuración: A Asociación Forestal de Galicia e a Asociación de Viveiros Forestais de Galicia, á espera de decidir unha posible terceira vicepresidencia. Entre as vogalías, atópanse as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros CIS Madeira e o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, a empresa SEAGA, e as Asociacións: Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA) e Asociación de Propietarios Frouma.
Asimesmo, adquire xa unha marca co nome de Devesa que será coa que se presente na rede Neurona.
Para máis información, consulte a propia web de Neurona na subsección: as plataformas, onde atoparán o contacto da Secretaría Técnica de todas as plataformas, así como as súas direccións web.
|
|
Celébrase a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega |
|
//// Mércores, 28.01.09 |
O pasado día 28 de xaneiro tivo lugar no hotel Puerta del Camino, a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega. O Director Xeral de I+D+I, Salustiano Mato de la Iglesia, explicou ante preto de 60 axentes do sector, as accións a levar a cabo pola Plataforma durante este ano 2009. Lamentou a ausencia do Director Xeral de Montes, Alberte Blanco Casal, e deu paso á aprobación do Comité Executivo que dirirxirá as accións da Plataforma e que estará formado por representantes de todo o sector. Invitou ás empresas encargadas de deseñar a imaxe e de elaborar a AEI a que fixesen as súas exposicións, e indicou a posibilidade de recibir suxerencias vía mail a todos os axentes convocados.
Para máis información:
Secretaría técnica da Plataforma:
E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf.: 881 999 533
Fax: 881 999 161
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|