- ¿Que é a Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega?
A PTFG é un instrumento de cooperación que agrupa aos axentes representativos do sector forestal galego. Ten como obxectivo principal incrementar a capacidade innovadora do sector.
-
¿Cal é a forma xurídica da PTFG – Devesa?
A PTFG é unha agrupación voluntaria de empresas, asociacións, centros de investigación e tecnolóxicos, universidades, administracións e entidades públicas que non teñen personalidade xurídica propia.
-
¿Hai que pagar algo para ser membro de Devesa?
Non é preciso pagar ningún tipo de taxa para pertencer á Plataforma.
-
¿Como podo adherirme a Devesa?
Para adherirse hai que cumprimentar a carta de adhesión correspondente que se atopa na sección de adhesión.
-
¿Que órganos forman Devesa?
Os órganos que forman a PTFG son: a Asemblea Xeral, o Comité Executivo co seu Comité Xestor, a Secretaría Técnica e os Grupos de Traballo.
-
¿Quen forma parte da Asemblea Xeral?
A Asemblea Xeral estará constituída por todos os membros ordinarios da agrupación. Por membros ordinarios entenderase aquelas entidades que, unha vez cumpridos os requisitos de entrada, e proporcionados os datos recollidos na solicitude de admisión, estean ao día no cumprimento das súas obrigacións correspondentes á PTFG.
-
¿Quen forma o Comité Executivo?
O Comité Executivo é o órgano directivo e visible da Plataforma e en liñas xerais será o que vele polo cumprimento dos seus fins dando conta a Asemblea Xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados como das decisións tomadas no cumprimento do seu contido.
O Comité Executivo de Devesa está formado por un Presidente, 3 Vicepresidentes e 8 vogais, 6 con dereito a voto, mentres que os representantes da D.X. de Montes e da D.X. de I+D+i son vogais con voz pero sen voto.
-
¿Quen forma o Comité Xestor?
O Comité Xestor está formado pola Presidencia e as 3 Vicepresidencias, con reunións cada 3 meses, e que se encarga de tomar as decisións mais inmediatas do día a día en canto a contratacións, reunións, elaboración de documentos, etc. gañando así en operatividade.
-
¿Que son os Grupos de Traballo?
Son un instrumento de participación activa na Plataforma destinados ao impulso de proxectos e accións específicas.
Os grupos estarán abertos aos membros da Plataforma e poderán ser públicos ou privados.
-
¿Como solicito a creación dun Grupo de Traballo?
Os Grupos de Traballo estarán abertos aos membros da Plataforma e formados por entidades públicas e privadas. Calquera entidade poderá promover un novo grupo, que deberá ter suficiente masa crítica e estar validados polo Comité Executivo.
A solicitude dos grupos será por escrito (correo electrónico) e deberá conter:
- Quen son os promotores.
- Contexto.
- Obxectivos (determinados de maneira clara).
- Actividades.
- Persoas de contacto.
Cada grupo de Traballo organizarase segundo os seus criterios, reuníndose presencialmente ou por teléfono. Se o grupo de traballo é moi grande debería dividirse a súa vez noutros. Deberán comunicar os seus resultados ao Comité Executivo.
-
¿Cando se poden formar Grupos de Traballo?
Non existe ningunha data fixada para enviar propostas de Grupos de Traballo. Os grupos pódense propoñer en calquera momento, xa que teñen como función xestionar proxectos de I+D+i que poden xurdir en calquera momento.
|