|
Celébrase a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega |
|
//// Mércores, 28.01.09 |
O pasado día 28 de xaneiro tivo lugar no hotel Puerta del Camino, a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega. O Director Xeral de I+D+I, Salustiano Mato de la Iglesia, explicou ante preto de 60 axentes do sector, as accións a levar a cabo pola Plataforma durante este ano 2009. Lamentou a ausencia do Director Xeral de Montes, Alberte Blanco Casal, e deu paso á aprobación do Comité Executivo que dirirxirá as accións da Plataforma e que estará formado por representantes de todo o sector. Invitou ás empresas encargadas de deseñar a imaxe e de elaborar a AEI a que fixesen as súas exposicións, e indicou a posibilidade de recibir suxerencias vía mail a todos os axentes convocados.
Para máis información:
Secretaría técnica da Plataforma:
E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf.: 881 999 533
Fax: 881 999 161
|