|
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega: Devesa constitúe o seu Comité Executivo |
|
//// Mércores, 01.04.09 |
A Plataforma Tecnolóxica Devesa constitúe o seu Comité Executivo que estará presidido pola empresa Hifas da Terra, S.L, e que contará co apoio das vicepresidencias nesta primeira configuración: A Asociación Forestal de Galicia e a Asociación de Viveiros Forestais de Galicia, á espera de decidir unha posible terceira vicepresidencia. Entre as vogalías, atópanse as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros CIS Madeira e o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, a empresa SEAGA, e as Asociacións: Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA) e Asociación de Propietarios Frouma.
Asimesmo, adquire xa unha marca co nome de Devesa que será coa que se presente na rede Neurona.
Para máis información, consulte a propia web de Neurona na subsección: as plataformas, onde atoparán o contacto da Secretaría Técnica de todas as plataformas, así como as súas direccións web.
|