|
Devesa celebra a III Asemblea |
|
//// Martes, 15.06.10 |
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega-Devesa celebra o próximo 16 de xuño ás 17:00 h en Lourizán (Como chegar) a III Asemblea Xeral na que, tras unha intervención do presidente da mesma, D. Esteban Sinde Stompel, a empresa Esmedagro presentará a Axenda Estratéxica de Investigación, con vistas á súa aprobación. No mesmo acto someterase tamén á valoración da Asemblea o Documento de Estrutura Organizativa de Devesa e a metodoloxía de traballo para a posta en marcha de proxectos de I+D+i por parte de D. Antonio José Castro Area (Econet). Completarase a xornada coa presentación dos instrumentos do Fondo Tecnolóxico por parte da técnica da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Dna. Hortensia Méndez.
Orde do día (PDF, 262 KB)
Modelo de representación na Asemblea (Word, 350 KB)
Borrador da AEI (PDF, 754 KB)
Regulamento interno Plataforma Tecnolóxica Forestal Devesa (PDF, 74 KB)
Presentación da Fundación para o Fomento da Calidad Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (PDF, 1,08 MB)
Presentación de Esmedagro (PDF, 1,48 MB)
Presentación ECONET (PDF, 723 KB)
Como chegar
Desde Vigo ou Santiago por autopista: Deixar a autopista AP-9 na salida Pontevedra Sur-Marín, na primeira bifurcación coller dirección Marín e chegaráse a autovía PO-11 que discurre á beira da ría. Salir desta vía no desvío indicado Placeres Porto, na primeira rotonda que se encontra debemos seguir dirección Placeres, a poucos metros na segunda rotonda dirección Mollabao. Seguir aproximadamente 1km. ata encontrar á dereita a entrada ó Centro na longa verxa verde de ferro que pecha a finca de Lourizán.
Desde Pontevedra: Pódese coller a estrada PO-11 que une Pontevedra e Marín e seguir as mesmas instruccións que no caso anterior ou ir pola estrada vella de Pontevedra a Marín, PO-546, a uns 4 km. de Pontevedra, no lugar de Igrexa da parroquia de San Andrés de Lourizán, atoparáse á esquerda a longa verxa verde de ferro que pecha a finca de Lourizán. Neste caso, debemos entrar pola porta que vemos ó final do cierre, xa que a primeira entrada corresponde ó C.F.E.A. Lorizán (Escola de Capataces).
 |