martes 07/09/10
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
inicio|contacto|FAQs|RSS|mapa web
   
>> 
inicio >> novas
   
inicio
a plataforma
membros
adhesión
grupos de traballo
documentos
novas
eventos
ligazóns
 
novas...
Devesa celebra a III Asemblea
//// Martes, 15.06.10
Devesa celebra a III AsembleaA Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega-Devesa celebra o próximo 16 de xuño ás 17:00 h en Lourizán (Como chegar) a III Asemblea Xeral na que, tras unha intervención do presidente da mesma, D. Esteban Sinde Stompel, a empresa Esmedagro presentará a Axenda Estratéxica de Investigación, con vistas á súa aprobación. No mesmo acto someterase tamén á valoración da Asemblea o Documento de Estrutura Organizativa de Devesa e a metodoloxía de traballo para a posta en marcha de proxectos de I+D+i por parte de D. Antonio José Castro Area (Econet). Completarase a xornada coa presentación dos instrumentos do Fondo Tecnolóxico por parte da técnica da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Dna. Hortensia Méndez.

Orde do día (PDF, 262 KB)
Modelo de representación na Asemblea (Word, 350 KB)
Borrador da AEI (PDF, 754 KB)
Regulamento interno Plataforma Tecnolóxica Forestal Devesa (PDF, 74 KB)
Presentación da Fundación para o Fomento da Calidad Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (PDF, 1,08 MB)
Presentación de Esmedagro (PDF, 1,48 MB)
Presentación ECONET (PDF, 723 KB)

Ler máis...
 
Nestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
//// Sábado, 20.06.09
Nestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega, que pretende ser un foro de referencia do sector forestalNestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega, que pretende ser un foro de referencia do sector forestal

A web da Plataforma Tecnolóxica Devesa pretende ser un foro de referencia do sector forestal acadando un alto nivel de masa crítica e de representatividade, trátase dunha web 100% configurable e adaptable a previsible evolución da plataforma.
 
Presentación da rede Neurona no Forum de Torino
//// Xoves, 02.04.09
Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona no Forum de TorinoA Consellaría de Innovación e Industria patrocinou e acolleu a II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino, que se celebrou do 1 ao 3 de abril en Santiago de Compostela.O día 2 de abril tivo lugar a presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas: Neurona a cargo do Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia e do Vicepresidente da Plataforma Agroalimentaria, Lorenzo Pastrana.

O encontro reuníu aos principais actores interesados no uso do coñecemento e a innovación no desenvolvemento rexional de América Latina e EuropaMáis de 250 expertos de 16 países de Europa e América Latina déronse cita o vindeiro 1, 2 e 3 de abril na II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino, que se celebrará en Santiago de Compostela baixo o título "Sistemas rexionais de innovación: da visión á realidade". O evento, patrocinado pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria, tivocomo obxectivo fundamental reunir aos principais actores institucionais, públicos e privados, interesados na utilización do coñecemento e a innovación tecnolóxica no desenvolvemento rexional de América Latina e Europa.

Para máis información: http://www.conselleriaiei.org
 
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega: Devesa constitúe o seu Comité Executivo
//// Mércores, 01.04.09
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega: Devesa constitúe o seu Comité ExecutivoA Plataforma Tecnolóxica Devesa constitúe o seu Comité Executivo que estará presidido pola empresa Hifas da Terra, S.L, e que contará co apoio das vicepresidencias nesta primeira configuración: A Asociación Forestal de Galicia e a Asociación de Viveiros Forestais de Galicia, á espera de decidir unha posible terceira vicepresidencia. Entre as vogalías, atópanse as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros CIS Madeira e o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, a empresa SEAGA, e as Asociacións: Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA) e Asociación de Propietarios Frouma.

Asimesmo, adquire xa unha marca co nome de Devesa que será coa que se presente na rede Neurona.

Para máis información, consulte a propia web de Neurona na subsección: as plataformas, onde atoparán o contacto da Secretaría Técnica de todas as plataformas, así como as súas direccións web.
 
Celébrase a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
//// Mércores, 28.01.09
Celébrase a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal GalegaO pasado día 28 de xaneiro tivo lugar no hotel Puerta del Camino, a II Asemblea informativa da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega. O Director Xeral de I+D+I, Salustiano Mato de la Iglesia, explicou ante preto de 60 axentes do sector, as accións a levar a cabo pola Plataforma durante este ano 2009. Lamentou a ausencia do Director Xeral de Montes, Alberte Blanco Casal, e deu paso á aprobación do Comité Executivo que dirirxirá as accións da Plataforma e que estará formado por representantes de todo o sector. Invitou ás empresas encargadas de deseñar a imaxe e de elaborar a AEI a que fixesen as súas exposicións, e indicou a posibilidade de recibir suxerencias vía mail a todos os axentes convocados.

Para máis información:
Secretaría técnica da Plataforma:
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf.: 881 999 533
Fax: 881 999 161

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
 
axenda devesa
Setembro 2010
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
novas
Consellería do Medio Rural Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Neurona-Incite