eventos...
|
XVI Congreso da International Society for Biological Calorimetry (ISBC) |
|
//// Mércores, 24.02.10 |
Dende o 31 de Maio ó 3 de Xuño de 2010 vaise celebrar no campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, a XVI edición do Congreso Internacional da ISBC.
A ISBC é unha organización sen ánimo de lucro que organiza este congreso cada dous anos en distintas universidades do mundo e que está involucrada na investigación e desenvolvemento de técnicas calorimétricas para o estudio dos seres vivos.
A XVI Conferencia da ISBC atraerá a investigadores de todo o mundo interesados no desenvolvemento e aplicación da calorimetría nestes ámbitos:
- Biomacromoléculas, comida e farmacéutica
- Células, microorganismos e saúde
- Plantas e animais
- Instrumentación e biotecnoloxía
- Ecosistemas e sostenibilidade
Para máis información sobre este congreso remitímosvos ó seguinte enderezo web: http://www.usc.es/congresos/xviisbc/ |
|
|
Devesa organiza xunto con Bioplat, Enerxe e Envite unha xornada sobre a Biomasa en Galicia |
|
//// Luns, 19.10.09 |
O próximo 28 de outubro terá lugar a Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia. O seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o seu traballo destes últimos anos, en concreto, o seu Documento de visión a 2030 e o documento de Liñas Estratéxicas de Investigación da Plataforma.
Posteriormente as Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Enerxía (ENERXE), Forestal (DEVESA) e Medio Ambiente (ENVITE), que organizan o acto xunto coa Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona, darán a coñecer os asistentes as súas axendas estratéxicas e principais liñas de investigación, centrándose no ámbito da biomasa.
Finalmente, terán lugar 3 sesións paralelas, promovidas polas 3 plataformas galegas, organizadas como grupos de traballo temáticos con participación dos asistentes que o desexen para fomentar propostas de colaboración entre as entidades adheridas ás plataformas participantes na xornada.
Para poder inscribirse, é preciso enviar o formulario cuberto á dirección:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
antes do 26 de outubro.
Documentación:
Invitación Devesa (PDF, 385 KB)
Convite BIOPLAT (PDF, 861 KB)
Programa (PDF, 627 KB)
Formulario de inscrición (Word, 39 KB) |
|
Documentación relativa á Xornada colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia |
|
//// Mércores, 23.09.09 |
Comunicámosvos que xa está dispoñible a documentación e as presentacións relativas ás xornadas.
Podedes consultalas na web de Neurona na seguinte dirección.
|
|
Colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia |
|
//// Xoves, 10.09.09 |
Acto central do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación en Galicia.
Data: 16 de setembro de 2009 a partir das 9:30h.
Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. Santiago de Compostela.
A Consellería de Economía e Industria organiza esta xornada en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. A asistencia é gratuíta, previa inscrición.
|
|
Ler máis...
|
|
Programa Erasmus para Xóvenes Emprendedores, A Coruña 30/04/2009 |
|
//// Xoves, 30.04.09 |
A xornada de presentación do novo programa de intercambio para emprendedores Europeos, “Erasmus para Xóvenes Emprendedores” (www.erasmus-entrepreneurs.eu), terá lugar no Salón de Actos do Centro Universitario de Riazor na cidade da Coruña en horario de 10:00 a 12:30h, o próximo xoves 30 de abril de 2009.
O programa destínase a incentivar, por un lado, o emprendedorismo e a competitividade, e por outro, a internacionalización e o crecemento das novas e das PME´s con experiencia, a través da transferencia de coñecemento entre as empresas de acollida e os novos emprendedores.
A Fundación Universidade da Coruña (www.fundacion.udc.es) é unha das organizacións intermediarias a nivel nacional, que apoia aos novos emprendedores no proceso de matching cos empresarios de acollida e, ao abrigo do programa, aporta os gastos de mobilidade (desprazamentos e estancias). |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |