domingo 05/09/10
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
inicio|contacto|FAQs|RSS|mapa web
   
>> 
inicio
   
inicio
a plataforma
membros
adhesión
grupos de traballo
documentos
novas
eventos
ligazóns
 
destacamos...
Devesa celebra a III Asemblea
//// Martes, 15.06.10
Devesa celebra a III AsembleaA Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega-Devesa celebra o próximo 16 de xuño ás 17:00 h en Lourizán (Como chegar) a III Asemblea Xeral na que, tras unha intervención do presidente da mesma, D. Esteban Sinde Stompel, a empresa Esmedagro presentará a Axenda Estratéxica de Investigación, con vistas á súa aprobación. No mesmo acto someterase tamén á valoración da Asemblea o Documento de Estrutura Organizativa de Devesa e a metodoloxía de traballo para a posta en marcha de proxectos de I+D+i por parte de D. Antonio José Castro Area (Econet). Completarase a xornada coa presentación dos instrumentos do Fondo Tecnolóxico por parte da técnica da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Dna. Hortensia Méndez.

Orde do día (PDF, 262 KB)
Modelo de representación na Asemblea (Word, 350 KB)
Borrador da AEI (PDF, 754 KB)
Regulamento interno Plataforma Tecnolóxica Forestal Devesa (PDF, 74 KB)
Presentación da Fundación para o Fomento da Calidad Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (PDF, 1,08 MB)
Presentación de Esmedagro (PDF, 1,48 MB)
Presentación ECONET (PDF, 723 KB)

Ler máis...
 
XVI Congreso da International Society for Biological Calorimetry (ISBC)
//// Mércores, 24.02.10
XVI Congreso da International Society for Biological Calorimetry (ISBC)Dende o 31 de Maio ó 3 de Xuño de 2010 vaise celebrar no campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, a XVI edición do Congreso Internacional da ISBC.

A ISBC é unha organización sen ánimo de lucro que organiza este congreso cada dous anos en distintas universidades do mundo e que está involucrada na investigación e desenvolvemento de técnicas calorimétricas para o estudio dos seres vivos.

A XVI Conferencia da ISBC atraerá a investigadores de todo o mundo interesados no desenvolvemento e aplicación da calorimetría nestes ámbitos:

  1. Biomacromoléculas, comida e farmacéutica
  2. Células, microorganismos e saúde
  3. Plantas e animais
  4. Instrumentación e biotecnoloxía
  5. Ecosistemas e sostenibilidade

Para máis información sobre este congreso remitímosvos ó seguinte enderezo web: http://www.usc.es/congresos/xviisbc/
 
Devesa organiza xunto con Bioplat, Enerxe e Envite unha xornada sobre a Biomasa en Galicia
//// Luns, 19.10.09
Devesa organiza xunto con Bioplat, Enerxe e Envite unha xornada sobre a Biomasa en GaliciaO próximo 28 de outubro terá lugar a Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia. O seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o seu traballo destes últimos anos, en concreto, o seu Documento de visión a 2030 e o documento de Liñas Estratéxicas de Investigación da Plataforma.

Posteriormente as Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Enerxía (ENERXE), Forestal (DEVESA) e Medio Ambiente (ENVITE), que organizan o acto xunto coa Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona, darán a coñecer os asistentes as súas axendas estratéxicas e principais liñas de investigación, centrándose no ámbito da biomasa.

Finalmente, terán lugar 3 sesións paralelas, promovidas polas 3 plataformas galegas, organizadas como grupos de traballo temáticos con participación dos asistentes que o desexen para fomentar propostas de colaboración entre as entidades adheridas ás plataformas participantes na xornada.

Para poder inscribirse, é preciso enviar o formulario cuberto á dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo antes do 26 de outubro.

Documentación:

Invitación Devesa (PDF, 385 KB)
Convite BIOPLAT (PDF, 861 KB)
Programa (PDF, 627 KB)
Formulario de inscrición (Word, 39 KB)
 
Documentación relativa á Xornada colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia
//// Mércores, 23.09.09
Documentación relativa á Xornada colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia Comunicámosvos que xa está dispoñible a documentación e as presentacións relativas ás xornadas.

Podedes consultalas na web de Neurona na seguinte dirección.
 
Colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia
//// Xoves, 10.09.09
Colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para GaliciaActo central do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación en Galicia.

Data: 16 de setembro de 2009 a partir das 9:30h.

Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Industria organiza esta xornada en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. A asistencia é gratuíta, previa inscrición.
Ler máis...
 
Nestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega
//// Sábado, 20.06.09
Nestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega, que pretende ser un foro de referencia do sector forestalNestas datas inagúrase a web da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega, que pretende ser un foro de referencia do sector forestal

A web da Plataforma Tecnolóxica Devesa pretende ser un foro de referencia do sector forestal acadando un alto nivel de masa crítica e de representatividade, trátase dunha web 100% configurable e adaptable a previsible evolución da plataforma.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

 
axenda devesa
Setembro 2010
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
novas
Consellería do Medio Rural Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Neurona-Incite