|
|
|
destacamos...
|
O CDTI convoca as axudas do programa Feder-Innterconecta para Galicia |
|
//// Venres, 04.11.11 |
A convocatoria das axudas do Programa Feder Innterconecta en Galicia, acaba de publicarse no BOE de data 3/11/2011, con deadline ata o 14 de decembro.
O texto da convocatoria pode consultarse no seguinte vínculo.
Os principais puntos da axuda son:
Beneficiarios: agrupación de empresas o AIEs. Mínimo 3 empresas independentes entre elas, das que unha debe ser grande ou mediana e outra Peme. Ademais, deberá incluír un organismo de investigación e a súa participación formalizarase baixo a modalidade de subcontratación.
Presuposto mínimo dos proxectos: 1.500.000 €.
Duración dos proxectos: 3 anos naturais.
Tipo de proxectos: proxectos integrados de desenvolvemento experimental, de carácter estratéxico e elevado nivel tecnolóxico. Excepcionalmente, poderanse financiar proxectos de investigación industrial.
Tipo de axuda: subvención, incompatible con calquera outra subvención ou axuda.
Xúntase un Resumo da Convocatoria aquí (PDF, 92 KB) |
|
As árbores filtran contaminantes |
|
//// Venres, 04.11.11 |
As árbores de Londres poden contribuír a mellorar da calidade do aire ao filtrar partículas contaminantes, conforme sinala unha investigación realizada no Reino Unido e publicada no número de novembro da revista Landscape and Urban Planning.
Ver a nova completa aquí |
|
Aragón participa nun proxecto europeo sobre bioenerxía forestal |
|
//// Martes, 18.10.11 |
O Departamento de Agricultura, Ganadería y Medio Ambiente aragonés, a través da empresa pública SODEMASA, organizou o “Primer Encuentro de empresas del sector de la Biomasa”, no marco do Proxecto Europeo WOOD E3 “Desarrollo empresarial mediante explotación energética de la madera”.
Ver a nova completa aquí |
|
Devesa celebra a súa IV asemblea e convócanse eleccións ao Comité Executivo |
|
//// Martes, 15.06.10 |
Por indicacións do Comité Executivo, convócase aos membros de DEVESA á IV Asemblea que terá lugar o próximo 17 de outubro ás 17:45h no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.
Xa que neste ano corresponde a renovación dos cargos do Comité Executivo, procédese á CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS. A votación das candidaturas realizarase durante a IV Asemblea de DEVESA.
Deste xeito, ábrese o prazo de presentación de candidaturas: o último día para a recepción das mesmas é o xoves 13 de outubro. As candidaturas estarán formadas por un Presidente, tres Vicepresidente e seis vogais. Cada empresa ou institución participante só poderá ter un representante no Comité Executivo. As candidaturas serán nominais, incluirán suplentes e presentaranse por escrito perante a Secretaría Técnica no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
.
Os candidatos que presenten candidatura deberán estar repartidos entre os sectores seguintes:
- Empresas de servizos forestais, viveiros e asociacións de propietarios: 6 representantes.
- Universidade e centros de investigación: 4 representantes.
A elección dos seus membros acordarase na Asemblea Xeral por maioría absoluta de asistentes. Se non se acadase, correspondería a elección por maioría simple.
Na IV Asemblea, ademais da elección dos membros do Comité Executivo e previamente á mesma, realizarase una breve presentación do estado actual de DEVESA na que se analizará a actividade realizada neste tempo; tamén someterase á votación da Asemblea a proposta de modificación do regulamento para adecualo á estrutura do Comité Executivo actual, co que creouse a plataforma.
Debido á importancia dos temas a tratar, pregamos confirmación de asistencia á Asemblea no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
como límite o xoves 13 de outubro, coincidindo co fin de prazo de presentación de candidaturas. A confirmación de asistencia deberá incluír o nome da entidade, o nome da persoa que asiste, email e teléfono de contacto. Cada empresa ou institución participante poderá inscribir un representante na Asemblea con dereito a voto e cada grupo de investigación participante poderá inscribirse na Asemblea con dereito a voto sempre que o faga en representación dunha Facultade, Departamento ou Instituto. No caso de non poder asistir, poden delegar o voto noutra entidade da Plataforma mediante o.documento de representación na Asemblea.
Xúntanse os seguintes documentos:
|
|
A biomasa podería crear mais de 47.000 empregos en España |
|
//// Martes, 06.09.11 |
Un recente estudo, elaborado polos profesionais do sector, destaca que a actualización do marco retributivo no sector da biomasa atraería mais de 3.800 millóns de euros en inversións privadas, e xeraría o redor de 47.300 postos de traballo. Con esta entrada de capital necesitarase un gran número de especialistas que cubran este nicho laboral.
Ver a nova completa aquí |
|
Medio Rural colabora coa estación fitopatolóxica do Areeiro no estudo e control das masas forestais e sanidade vexetal |
|
//// Luns, 19.09.11 |
A Consellería do Medio Rural colabora coa Estación Fitopatolóxica do Areeiro no control e estudo das masas forestais e da sanidade vexetal. Neste sentido existen unha importante colaboración entre o departamento que dirixe Samuel Juárez e a Deputación de Pontevedra para a determinación das especies que xeran pragas e enfermidades forestais e agrícolas.
As autoridades presentes percorreron as plantacións e xardíns da Estación, coñecendo da man do director do centro, Pedro Mansilla, os traballos de clasificación dos axentes patóxenos que afectan aos cultivos agrícolas e plantas forestais en parcelas experimentais. Posteriormente, coñeceron os laboratorios de estudo de propagación “in vitro” da Camelia, da preparación de aceite de camelia e de té; así como os laboratorios de loita biolóxica para visualizar o control de “Cancro de Castaño” e “Nematodo do Piñeiro”.
Ver a nova completa aquí |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
|
|